- Que é o xogo?
O xogo é unha actividade natural nos nenos e nenas, xogar axuda a comprender o mundo é actuar sobre él. O xogo adquire un papel protagonista nos primeiros anos de vida (de 0 a 6 anos) xa que todas as aprendizaxes máis importantes fanse nesta etapa. A curiosidade é o motor da aprendizaxe e o xogo permítelles explorar en liberdade. Dende que o neno/a nace vanse desenvolvendo as áreas intelectual, social e emocional.
O papel dos adultos, e sobre todo daquelas persoas implicadas na educación formal e informal, como é o caso dos monitores de Saudeter, adquire gran relevancia.
- Características do xogo:
– É unha actividade espontánea, voluntaria e recreativa da infancia.
– É acción, implica participación activa.
– É innato, xa que é a actividade propia da infancia.
– Actividade placenteira que non necesita dun material concreto e favorece a socialización.
A continuación, gustaríanos describir aquelas aportacións que realiza o xogo ás diferentes áreas, e que, dende Saudeter buscamos o seu máximo desenvolvemento:
- Aportacións do xogo o desenvolvemento cognitivo:
– Desenvolvemento do pensamento e da intelixencia.
– Permite a liberdade de expresión.
– Constrúe estruturas básicas do coñecemento: asimilación e acomodación.
– Comprender o entorno e relación: causa –efecto (todo canto nos pasa, ten a súa orixe)
- Aportacións do xogo o desenvolvemento social:
– Desenvolve a comunicación, invita a relación cos demáis e aparecen os
primeiros vínculos de amizade.
– Interiorizan normas e pautas de comportamento social: respetar turno,
compartir e cooperar.
- Aportacións do xogo o desenvolvemento emocional:
– Motiva, fomenta a autoestima, e soluciona conflitos.
– Medio polo cal se exteriorizan medos, angustias e preocupacións máis íntimas.
Os profesionais do ámbito do tempo libre, entre os que se encontra Saudeter, buscamos: crear contextos (espazos estimulantes, materiais seguros…) dar oportunidades acordes a idade e o momento do propio neno/a, deixar tempo para o xogo, xa que entendemos o xogo como unha necesidade.
A vivir apréndese xogando.