O TRX, o pioneiro do adestramento funcional.


O TRX é un sistema de adestramento baseado na realización de exercicios en suspensión onde, mediante un punto no que se fixa o instrumento, se traballa so co propio apoio e peso corporal. Deste xeito, traballamos a musculatura do corpo sen pesos engadidos.

Este método desenvolveuno o exército estadounidense para poñer solución a un problema, pois precisaban adestrar co mínimo espazo posible. Así pois, utilizando o cinto dun paracaídas desenvolvéronse unha serie de exercicios funcionais nos que utilizaban o peso corporal.

Ademais de desenvolver a forza funcional permite mellorar o equilibrio, a estabilidade da parte central do corpo (ou CORE) e a flexibilidade.

Aínda que naceu con vocación de ser un adestramento militar, o TRX incorporárono ás rutinas de adestramento desde actividades colectivas ata a readaptación de lesións. Ten certos beneficios:

  • É unha actividade completa: potencia a forza muscular, mobilidade, a coordinación e a flexibilidade.
  • Axeitado para persoas maiores, pois a grande variedade de exercicios posibles posibilita a súa execución de xeito seguro.
  • Prevención e readaptación de lesións deportivas e cotiás, ó realizar exercicios sen sobrecargas nos que podemos controlar mellor as variables.
  • As partes do corpo que máis traballan son os músculos lumbares, abdominais ou os do peito, polo que establece unha resposta ós problemas de costas.
  • Perda e control do peso.
  • Tonifica e fortalece os grupos musculares.
  • Mellora a densidade ósea.

Recoméndase sempre, dentro da filosofía Saudeter, consultar sempre a un profesional e que este supervise a sesión para evitar lesións ou danos físicos máis graves.

  • Efectuar un quecemento previo e coñecer a técnica.
  • Controlar os movementos da zona lumbar.
  • Controlar as articulacións e os músculos estabilizadores.

A modo de conclusión podemos dicir que, dende Saudeter, estamos sempre do lado da innovación en canto a sistemas de adestramento. O adestramento funcional vai da man das novas tendencias dos últimos anos e como unha empresa adaptada ós novos tempos tratamos de incluílas nas nosas actividades.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?