O spinning, beneficios musculares e riscos.


O spinning é unha das actividades físicas máis realizadas na actualidade, pois imita o movemento da bicicleta ó aire libre e actúa como un perfecto complemento para unha infinidade de deportistas.

Deste xeito, situamos o traballo dos diferentes músculos que participan na pedalada, en cada un atopamos diferentes puntos a ter en conta:

  • O cuadríceps:

Actúan no desprazamento cara abaixo e permiten que poidamos empurrar o pedal no movemento.

Debemos controlar:

  • A altura do sillín, de xeito que quede a altura da cintura aproximadamente, para evitar un xeonllo moi flexionado.
  • O uso de calas para os pés.

Neste punto aconsellamos:

  • Colocar o asento, de xeito que a perna quede case estirada na fase de impulso.
  • Utilizar sempre calas para poder traballar a musculatura de xeito integral.
  • Traballo de vasto interno para evitar lesións.

 

  • Os isquiotibiais:

Traballan na fase ascendente en conxunto co psoas ilíaco e o recto anterior do cuadríceps.

Neste punto deberiamos ter coidado con:

  • Rixidez muscular: realizar estiramentos de isquiotibiais antes e despois da actividade.
  • O psoas ilíaco: responsable de moitas lesións a nivel lumbar, cómpre estiralo sempre o rematar as sesións.

 

  • Traballo abdominal e de tronco:

A posición na bicicleta no spinning e as situacións de equilibrio e volta ó sillín fan que sexa unha musculatura importante neste exercicio, deste xeito será importante o traballo da musculatura estabilizadora e central, para evitar riscos de lesións. Debemos asegurarnos de que a distancia entre manillar e sillín e correcta para evitar sobrecargas.

 

  • O glúteo maior:

Permite a extensión da cadeira e o seu traballo de tonificación permite maior transferencia de forza cando traballa en conxunto co cuadríceps.

 

  • O tríceps sural:

Traballan na parte máis baixa, nos puntos mortos, cun movemento semellante a tocar o chan coa punta do pé.

 

  • Extremidade superior:

Realízase un exercicio isométrico: brazos, pectoral e ombreiro, debido a estabilización durante a pedalada ó agarrarse forte o punto de apoio.

Deste modo, dende Saudeter, aconsellamos a práctica desta actividade como un complemento ideal para os deportistas e tamén para as persoas con pouco tempo para a práctica deportiva, pois con sesións curtas pódense conseguir obxectivos destacables.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?