A respiración, a base da práctica deportiva.


23 marzo 0 - Entrenamiento, Salud -

O Osíxeno e o combustible son elementos que se necesitan para que o noso organismo responda, mais débense combinar de maneira óptima. Unha fonte de enerxía é a alimentación, que se realiza de maneira previa ao exercicio, outra é a respiración. As persoas reciben o osíxeno de maneira natural ó respirar, pero non sempre o fan da maneira máis eficiente.

Coordinación:

Cando se comeza unha actividade física o corpo busca a enerxía necesaria para responder á esixencia á que se somete.

Dende Saudeter, indicamos que, cando se comeza a facer un exercicio sempre é mellor pensar en aprender a coordinar a respiración que non buscar resultados concretos.

Tipo de exercicio:

Para os exercicios aerobios débese levar un ritmo que vaia coordinado coa actividade en concreto.

En canto aos traballos con carga a respiración é máis fácil de aprender porque ao ser un exercicio anaerobio, de forza, hai dúas fases de movemento. A razón é que se a persoa non osixena ben na fase excéntrica, previa á contracción, non terá suficiente osíxeno para que se consiga superar a carga.

Tampouco se debe aguantar a respiración mentres se fai forza, xa que pode impulsar un aumento da presión arterial.

Tipos de respiración:

A abdominal ou diafragmática é a que se utiliza moito en técnicas de relaxación. Ó activar a parte baixa dos pulmóns, que a nivel fisiolóxico se considera a parte máis eficiente, está a conseguirse estimular o sistema nervioso  parasimpático, que é o motiva a relaxación corporal.

A torácica é a respiración máis normal, que é cando respiramos de pulmón, inspirando polo nariz e expirando pola boca. Esta é a que utilizamos en calquera tipo de exercicio  aerobio ou anaerobio.

Hai técnicas para adestrala e o máis recomendable é adestrar o ritmo para levar unha respiración relaxada, profunda e regular. Unha vez que se teña dominada e baixo control é cando deben marcarse obxectivos máis específicos.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?