O quecemento e a súa importancia.


13 abril 0 - Entrenamiento, Salud -

O quecemento ten un recoñecido valor antes de realizar calquera actividade deportiva. O quecemento prevén contra lesións e ademais  prepara ó organismo para a práctica deportiva desde o punto de vista fisiolóxico e psicolóxico.

Poderiamos definilo como o conxunto de actividades de carácter xeral e logo especifico, que se realizan antes da actividade física na que a esixencia do esforzo é superior á normal, co fin de poñer en marcha todos os órganos do suxeito e dispoñerlle para un máximo rendemento.

Destas definicións dedúcense os seguintes obxectivos:

  • Preparar ao organismo para efectuar unha actividade máis intensa.
  • Facilitar unha estimulación do sistema nervioso e a activación das funcións cardiorrespiratorias.
  • Evitar ou reducir as posibilidades de lesións.

Centrándonos agora nas súas fases, comentar que se poden distinguir tres fases indistintamente de como se ordenen:

  • Esforzo preliminar e estiramentos: incremento da temperatura corporal e muscular, evitando roturas pola excesiva viscosidade intramuscular e pola falta de coordinación.
  • Activación cardiorrespiratoria: o fin é incrementar a temperatura muscular, a amplitude nos movementos e o incremento na actividade do organismo. Actúa sobre os grandes grupos musculares a través de exercicios dinámicos de pernas, brazos, tronco, así como por medio de traballos globais. Este debe preceder ó específico.
  • Quecemento específico ou actividade formal: o fin é mellorar a prestación do xesto deportivo.

Distinguimos diferentes tipos:

  • Quecemento xeral: exercicios que actúan sobre grande grupos musculares. Neste sentido, o quecemento xerais aquel destinado a prepararnos para calquera tipo de actividade.
  • Quecemento específico: teremos en conta que é o que se vai a realizar na parte principal da sesión.
  • Quecemento lúdico: realizado mediante formas xogadas.

Así pois, debe de cumprir unhas pautas xerais de execución para que resulte eficiente:

  • Ser progresivo.
  • Ser aerobio.
  • Conter exercicios de elasticidade e de amplitude de movemento.
  • A frecuencia cardíaca final debe oscilar sobre 120 pulsacións por minuto.
  • En ningún momento debe aparecer a fatiga.

En resumo, dende Saudeter recomendamos que nunca se debe menosprezar como parte da sesión, xa que a súa adecuada realización axuda a previr lesións e aumentar o rendemento. En moitas ocasións non se realiza por falta de tempo, mais unha lesión muscular producirá maior perda de tempo.

Un quecemento axeitado dará unha maior resistencia e forza no adestramento, maior flexibilidade e velocidade e maior adaptación.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?