A natación, actividade integral para a nosa saúde.


3 noviembre 0 - Agua, Salud -

Cando falamos da natación estamos a falar dunha actividade que inflúe positivamente no noso estado de saúde, coa cal podemos manexar os diferentes niveis da presión arterial, mellorar o funcionamento da actividade óseo e muscular, ademais das articulacións corporais e o sistema respiratorio, ademais de fortalecer os diferentes tecidos que compoñen o noso corpo. Este completo deporte é unha excelente alternativa a outros exercicios para que as persoas con patoloxías cardíacas melloren a súa saúde xeral, pois optimiza os condicionantes cardíacos e a circulación sanguínea. En resumo, dende Saudeter temos en conta beneficios como:

  • Tonificación muscular: a cifra de 40 minutos diarios antolla como suficiente para notar os efectos desexados.
  • Previsora de patoloxías e axuda na súa readaptación: asma, lesións musculares e nerviosas, hipertensión arterial, problemas vertebrais, entre outras. É moi importante na readaptación de lesións.
  • Perda de peso: pérdese graxa e adquírese masa muscular.
  • Rebaixa a tensión.

A pesares de contar con tantos beneficios, como toda actividade física debería estar tutelada por un profesional na materia, polo cal deberíamos ter en conta unha serie de consellos e precaucións:

  • Nadar con intensidade cando non se está afeito pode ser contraproducente, o ideal é retomar a rutina gradualmente, seguindo os principios do adestramento.
  • É recomendábel inscribirse nun curso se se leva tempo sen facer ou a técnica non é a axeitada, relaciónase co anterior punto. Evitar riscos para a saúde.
  • Manter as medidas hixiénicas (ducharse e secarse de xeito axeitado) para evitar o contaxio de fungos e empregar gorro e lentes (ollo ás lentes de contacto).
  • Control da respiración ó nadar é a clave para facer o exercicio ben e evitar esgotamento físico innecesario. O obxectivo non é fatigarse, senón relaxarse e desfrutar no auga.
  • Se queres practicar a natación como exercicio regular consulta sempre a un profesional (o punto máis importante), fuxindo de experimentos.

Así pois, dende Saudeter propugnamos, coa nosa experiencia na materia, a alternativa da natación á hora de complementar a actividade física diaria e mellorar a nosa saúde, porque non todo se reduce a correr e ir ó ximnasio.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?