Introducido por Joseph H. Pilates a principios dos anos 20 do século XX, a súa finalidade é a de exercitar corpo e mente, xa que coa súa práctica, ademais de mellorar a nosa condición física, aumentamos a capacidade de control e concentración. De feito, tamén é coñecido co nome de ‘ Controloxía’.
A través da combinación das tradicións oriental e occidental, xunta calma e flexibilidade con forza e ton muscular. Aínda que o método se podería reducir a 34 exercicios básicos dos cales xorden moitas combinacións.
O seu obxectivo principal é reforzar a musculatura e aumentar o control, forza e flexibilida
Os seis principios esenciais deste método son control, concentración, fluidez, precisión, respiración e centro. Con este último principio, o Pilates fai referencia a unha zona concreta do corpo denominada centro de forza: músculos abdominais, a base das costas e os glúteos.
Dicía Joseph Pilates que “en dez sesións notarás a diferenza e en trinta cambiarache o corpo”. E é que quen o practica con regularidade aseguran que con este método conséguense notables e importantes melloras a nivel muscular.
Dende Saudeter, destacamos, de xeito xeral, os seguintes beneficios:
- Achega vitalidade e forza.
- Maior flexibilidade, destreza, axilidade e coordinación dos movementos.
- Figura máis
- Corrección de hábitos posturales prexudiciais e redución das dores de costas.
- Mellor autoconocimiento do corpo.
- Prevención e rehabilitación de lesións musculares.
- Melloras nos sistemas sanguíneo e linfático.
- Redución do nivel de tensión e das tensións a través do control da respiración e da concentración.
Así a todo, o Pilates tamén ten os seus detractores e entre os argumentosmáis utilizados por quen critica este método atópase o feito de que os exercicios non evolucionasen desde a súa creación.
Dende Saudeter incidimos na duración de unha hora por sesión e a recomendación de realizar polo menos dúas sesións semanais. De feito, se se practica outro tipo de actividade física bastaría con só unha clase á semana. Segundo os expertos, a partir dos tres meses xa podemos empezar a percibir os cambios no noso corpo.