O ioga, unión ideal de corpo e mente.


O significado do ioga relaciónase ca unión do ser individual co cosmos, pero de feito o principal fundamento desta disciplina é facer consciente ese estado de unión mediante a práctica de posturas que, combinadas coa respiración, nos predispoñen para un estado de meditación.

Dende Saudeter, aconsellamos a súa práctica pola grande cantidade de beneficios que nos reporta:

  • Mellora o estado de saúde e as emocións.
  • Fortalece física, mental e
  • Fortalece os sistemas inmunolóxico e cardiovascular.
  • Alivia a depresión, a tensión e a ansiedade.
  • Mellora a flexibilidade do corpo e éncheo de vigor
  • Aumenta a circulación sanguínea e linfática.
  • Optimiza a capacidade respiratoria.
  • Mellora a calidade do soño.
  • Axuda a regular o tránsito intestinal e o peso.
  • Fortalece a autoestima.
  • Relaxa de forma interna os órganos.
  • Axuda na desintoxicación de substancias aditivas

Como profesionais da actividade física somos conscientes de que se trata dunha das prácticas de exercicio físico máis axeitadas, nela conflúen:

  • O ritmo: indicado para fortalecer o sistema cardiovascular.
  • A flexibilidade: estira os músculos, tendóns, articulacións e os ósos.
  • Respiración.
  • Finalidade: fortalece ó individuo.

Ademais das vantaxes que acabamos de ver, pode ser realizado por calquera persoa. Una das súas grandes vantaxes é que todas as posturas contan cunha variante máis sinxela para ser utilizada no caso de que nos atopemos con algunha dificultade.

Existen multitude de tipos, en occidente, o tipo que máis se practica é o  Hatha Ioga, pero as cinco correntes principais de son:

  • Karma (acción): un tipo de ioga recomendado para persoas activas.
  • Bhakti (amor): este tipo de ioga está recomendado para persoas moi emocionais.
  • Gñana (Coñecemento): tipo de ioga indicado para persoas intelectuais e intuitivas.
  • Raja (Mente): tipo de ioga busca a introspección, a indagación nos planos máis profundos.
  • Hatha (Forza): o máis practicado, traballa sobre o plano físico a través de posturas, exercicios de respiración e xestos.

O noso consello, dende Saudeter, é que se nunca experimentaches a súa práctica, non deixes pasar a oportunidade de experimentar unha das prácticas máis interesantes e saudables que existen. Así pois, por motivos físicos como emocionais, o ioga é unha disciplina que reportará grandes beneficios á túa vida, en moitos aspectos.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?