O fitball, un implemento a ter en conta.


O fitball é unha pelota, repleta de aire e de grandes dimensións, podémola ver frecuentemente nos ximnasios como método de tonificación e fortalecemento muscular, especialmente dos abdominais e zona lumbar, ademais doutras funcións como axudar a mellorar o equilibrio. Tamén recibe o nome de balón suízo e o seu diámetro varía entre 35 e 85 cm.

Neste sentido, dende Saudeter precisamos algunhas das propiedades dos fitball:

  • É unha actividade encadrada dentro da denominada ximnasia suave que permite traballar o corpo de xeito integral.
  • Mellora equilibrio e propiocepción, é dicir, a nosa percepción no espazo.
  • A súa acción principal realízase na parte media do corpo e nos estabilizadores da columna.
  • A superficie e a súa relativa dureza das fai que se adapte ás diferentes características individuais.
  • As bólas xigantes ofrecen un acondicionamento físico integral, pois trabállase tanto a coordinación e a flexibilidade como resistencia e  forza.
  • Tamén se utilizan como complemento en clases de actividades aeróbicas e nos estiramentos.

Agora mesmo vemos o fitball como unha actividade física ideal de acondicionamento para toda a poboación, pero realmente o seu uso iniciouse como forma de rehabilitación para tratar diferentes lesións deportivas, así como unha forma de  reeducación  postural ou readaptación física para as persoas maiores.

Así, os exercicios de fisioterapia con fitball deberán empezar con situacións estables e estáticas, para, paulatinamente, ir progresando a exercicios con máis dinamismo e inestabilidade.

  • A bóla dependerá da altura e da lonxitude das pernas. A persoa debe formar un ángulo de 90 graos coas pernas flexionadas.
  • É importante inflalo correctamente.
  • É mellor non empregalos en exteriores, para evitar pinchazos.
  • Para limpalos, basta con lavar os fitball cun trapo mollado.
  • Quentar e estirar segue a ser unha parte de obrigado cumprimento nestas táboas.
  • A hidratación é moi importante antes, durante e despois.

Dende Saudeter, consideramos que o uso dos fitball debería formar parte dun adestramento funcional, xa que permite traballar o corpo como un todo global, co que o exercicio sempre é máis completo.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0






redactores banner

    Archivos

admin