Exercicio aerobio ou anaerobio, ¿qué preciso?


Os exercicios clasifícanse en aerobios ou anaerobios, dependendo da presenza ou ausencia de osíxeno á hora de obter enerxía. O exercicio aerobio serve para traballar a resistencia e a capacidade pulmonar, porén ambos poñen en funcionamento ó sistema cardiovascular. Durante a práctica do anaerobio obrígase ó corazón a bombear o sangue rapidamente durante un breve período de tempo, pola contra no aerobio falamos de tempos prolongados.

Dende Saudeter, indicamos os principais beneficios coa práctica de exercicio aerobio son:

  • Permite adelgazar, ó reducir a graxa corporal.
  • Mellora a función cardiovascular e a capacidade pulmonar. Tamén facilita a circulación sanguínea e a osixenación.
  • Inflúe positivamente no estado de ánimo (endorfinas).
  • Incrementa a absorción de calcio.
  • Axuda a diminuír a presión arterial e a reducir os niveis de colesterol LDL, aumentando os de HDL.
  • Aumenta a resistencia.

Dámosche algúns consellos que é conveniente que sigas para practicar calquera tipo de actividade aerobia:

  • Antes de empezar é necesario pasar un exame médico.
  • As persoas con características especiais deben iniciarse de forma gradual, intensificando a duración e frecuencia progresivamente.
  • Débese comezar o exercicio cun quecemento previo e rematar con estiramentos.
  • Utilizar sempre roupa cómoda e un calzado apropiado.
  • Hidratarse antes, durante, e despois de realizar o exercicio.
  • A duración do exercicio, para obter resultados óptimos, debe ser polo menos de 30 minutos, e o ideal é que se practique entre 3 e 7 veces por semana.

Os principais beneficios que pode achegar á túa saúde practicar exercicio anaerobio son:

  • Desenvolve masa muscular e fortalece os músculos.
  • Mellora a capacidade para combater a fatiga.
  • Fai traballar ao corazón e ao sistema circulatorio e incrementa a cantidade de osíxeno que se pode consumir durante o exercicio.
  • Axuda a evitar o exceso de graxa e a controlar o peso.

Estes serían algúns puntos importantes á hora de realizar actividade de tipo anaerobio:

  • Os principiantes e persoas con sobrepeso deben comezar con exercicios de baixa intensidade e aumentar de xeito gradual.
  • É importante realizarse un recoñecemento médico antes de iniciarse.
  • Non é apropiado para embarazadas.
  • Realizarase un quentamento como fase previa á acción e finalizarase con estiramentos.

Dende Saudeter vémolo claro: o mellor para a saúde é combinar ambos exercicios. En realidade, os dous tipos de exercicio interveñen ó realizar calquera actividade física, polo que o correcto sería dicir que en cada exercicio hai maior compoñente aerobio ou anaerobio.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?