¿Cantas cousas se poden facer durante unha hora ó aire libre? Realmente infinitas, pero chega con sair de paseo, movilizar todos e cada un dos músculos e como non, «botar unhas boas risas».
As alumnas de ximnasia do Centro Social Pontepelamios en Ourense comprobárono onte pola tade. Despois dunha longa tempada de choivas torrenciais, frío e máis choiva tiveron a oportunidade de sair de camiñata por Ourense, unha maneira diferente de facer exercicio e o mesmo tempo aproveitar todo o que se atopaban polo camiño para non deixar de exercitar o corpo. Sinxelamente unha experiencia máis de traballo para un grupo que segue a medrar (en número e en esforzo) sen perder nunca ese espíritu xuvenil que nos axuda a seguir adiante cada a día.