O adestramento en nenos e adolescentes.


16 marzo 0 - Entrenamiento, Niños, Salud -

Hai moitos medos e falsas crenzas acerca dos problemas no crecemento dos nenos que seguen adestramentos de forza, mais dende Saudeter, como profesionais da actividade física, apoiámonos nas investigacións recientes, nas que se amosa que seguindo unhas pautas de adestramento correctas, non existen adestramentos perigosos.

  • Selección dos mellores exercicios para nenos e adolescentes: é fundamental priorizar o adestramento da técnica. Os nenos deben familiarizarse co material, usando mancuernas e pesos acordes o seu momento evolutivo.

Para crear unha rutina de adestramento de forza correcta, de xeito xeral, hai que ter en conta: o nivel de experiencia do adestrador, obxectivos e material.

A infancia é o momento crucial para o desenvolvemento das devanditas habilidades motoras, debido a que a coordinación  neuromuscular é máis maleable nestas idades.

  • Volume e intensidade para adestramento en menores de idade. Canto maior sexa o volume, menor será a intensidade e viceversa. Débese xogar con ambas variables para maximizar a adaptación fisiolóxica.

É necesario que existan profesionais cualificados que saiban prescribir correctamente unha rutina a un neno ou adolescente.

  • Progresión do volume e intensidade no adestramento para nenos e adolescentes. Adoita comezarse unha rutina de adestramento a baixa intensidade. Dependendo do ambiente de aprendizaxe, os profesionais cualificados deberán controlar todos estes parámetros.
  • Intervalos de descanso e frecuencia do adestramento en nenos e adolescentes. Dende Saudeter indicamos que os nenos teñen a capacidade de recuperarse máis rápido e son menos propensos a sufrir dano muscular despois destes adestramentos, debido á maior flexibilidade do seu tecido muscular.
  • En canto á frecuencia do adestramento, as investigacións dinnos que de 2 a 3 sesións por semana en días non consecutivos sería o máis axeitado.

Como resumo indicamos que, realizar unha rutina de adestramento individualizada e acorde co nivel, producirá grandes beneficios a nivel motor, neuromuscular e psicolóxico. Con todo, realizar unha mala planificación, pode levar a problemas no desenvolvemento do neno, este debe ser planificado por persoal cualificado e nos exceder os límites máximos de intensidade.




Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 0





Los autores del mes


redactores banner

Top 10 de las más leídas

    Archivos

admin
Abrir chat
1
Hola, mi nombre es Fran. En que puedo ayudarte?