As persoas maiores de 60-65 anos constitúen unha porcentaxe elevada na sociedade actual, mais a práctica individualizada de actividade física para a saúde non ten idade e sempre reporta beneficios a nivel psicolóxico. Deste xeito, a maior parte desta perda funcional pódese corrixir con actividade física, que mellora a saúde, a calidade de vida e a autonomía.
A actividade física conta con numerosos efectos positivos na saúde da xente de franxas de idade avanzadas:
- Mellora a saúde ósea, cardiocirculatoria, muscular e inmunolóxica.
- Mellora as capacidades mentais: memoria e diminúe o estrés e a ansiedade.
- Regula a tensión e aumenta a masa magra.
- De xeito integrado coa dieta, diminúe o risco de diabetes mellitus tipo II.
- En persoas con baixa resistencia aerobia mellora a súa autonomía, aumentando o VO2 Máx.
- Mellora os niveis de graxa e colesterol sanguíneos, reducíndoos.
O exercicio axeitado para este grupo de idade sería o aerobio (a intensidades non moi elevadas, sobre un 50- 60%) complementando sempre con traballo de mobilidade articular e flexibilidade. Para que estes exercicios teñan unha transferencia positiva no día a día dos nosos maiores, os estudos amosan que a duración por sesión debería chegar ós 40 minutos, cunha frecuencia dunhas 3 sesións semanais.
Fronte ás recomendacións e beneficios, sempre teremos en conta que nada disto será positivo se non nos tomamos en serio certas precaucións a seguir, consultando sempre con persoal autorizado e axeitado:
- Realizar sempre exercicios de quecemento e volta á calma.
- Traballo en grupo e adaptado ás franxas de idade.
- Hai que relaxar a musculatura.
- Non hai que chegar á fatiga en ningún caso.
- Evitar facer deporte a última hora da tarde porque podería dificultar o soño.
- Non realizar exercicio en condicións extremas de frío ou calor, tanto en ambientes pechados como ao aire libre.
En concusión, este artigo, en conxunto, encarna o espírito do Estilo Saudeter, no que pretendemos traballar de xeito integral a saúde deste amplo sector da poboación, traballando dende o eido da actividade física, a concienciación sobre hábitos beneficiosos para a saúde e o ámbito da alimentación.