A vivir apréndese xogando!


14 noviembre 0 - Niños, Sin categoría -
  • Que é o xogo?

O xogo é unha actividade natural nos nenos e nenas, xogar axuda a comprender o mundo é actuar sobre él. O xogo adquire un papel protagonista nos primeiros anos de vida (de 0 a 6 anos) xa que todas as aprendizaxes máis importantes fanse nesta etapa. A curiosidade é o motor da aprendizaxe e o xogo permítelles explorar en liberdade. Dende que o neno/a nace vanse desenvolvendo as áreas intelectual, social e emocional.

O papel dos adultos, e sobre todo daquelas persoas implicadas na educación formal e informal, como é o caso dos monitores de Saudeter, adquire gran relevancia.

  • Características do xogo:

– É unha actividade espontánea, voluntaria e recreativa da infancia.

– É acción, implica participación activa.

– É innato, xa que é a actividade propia da infancia.

– Actividade placenteira que non necesita dun material concreto e favorece a socialización.

A continuación, gustaríanos describir aquelas aportacións que realiza o xogo ás diferentes áreas, e que, dende Saudeter buscamos o seu máximo desenvolvemento:

  • Aportacións do xogo o desenvolvemento cognitivo:

– Desenvolvemento do pensamento e da intelixencia.

– Permite a liberdade de expresión.

– Constrúe estruturas básicas do coñecemento: asimilación e acomodación.

– Comprender o entorno e relación: causa –efecto  (todo canto nos pasa, ten a súa orixe)

  • Aportacións do xogo o desenvolvemento social:

– Desenvolve a comunicación, invita a relación cos demáis e aparecen os

primeiros vínculos de amizade.

– Interiorizan normas e pautas de comportamento social: respetar turno,

compartir e cooperar.

  • Aportacións do xogo o desenvolvemento emocional:

– Motiva, fomenta a autoestima, e soluciona conflitos.

– Medio polo cal se exteriorizan medos, angustias e preocupacións máis íntimas.

Os profesionais do ámbito do tempo libre, entre os que se encontra Saudeter,  buscamos: crear contextos (espazos estimulantes, materiais seguros…)  dar oportunidades acordes a idade e o momento do propio neno/a,  deixar tempo para o xogo,  xa que entendemos o xogo como unha necesidade.

 A vivir apréndese xogando.




Natalia Gonzalez

Estudiante de Educación Infantil.
  • 51






redactores banner

    Archivos

admin