A actividade física e a saúde da muller embarazada.


1 diciembre 0 - Salud -
  • 1448

A actividade física no ser humano é moi importante para o mantemento dun estado de saúde dentro dos baremos normais. O exercicio físico non exclúe ás mulleres embrazadas, que sempre e cando non presenten complicacións que prohiban ou limiten certas formas de proceder, poderán realizar actividade física sen problema e tendo en conta que non se produzan danos na súa saúde nin na do feto.

Durante o período de xestación prodúcense cambios no organismo da muller. Por exemplo prodúcese un aumento do volume sistólico (volume de sangue que volve o corazón), aumenta a frecuencia cardíaca (o que provoca un aumento no gasto cardíaco), aumenta a frecuencia respiratoria e diminúe o consumo máximo de osíxeno. A niveis estruturais prodúcese un aumento de peso polos axustes hormonais, isto afecta ó aspecto coordinativo e ó equilibrio e provoca unha variación do centro de gravidade.
Os beneficios nas mulleres embarazadas serán perceptibles cando non se superen certos límites e se sigan as recomendacións preventivas.

É importante sinalar que o que máis beneficios nos reportará dende un inicio é a regularidade e continuidade na práctica:

 

  • Aumento da eficiencia da saúde respiratoria e metabólica.
  • Diminúe as dificultades no parto.
  • Mellora coordinativa e na forza corporal.
  • Acción preventiva das lumbalxias e problemas vertebrais.
  • Redución da ansiedade.
  • Maior tolerancia á incontinencia urinaria, polo fortalecemento.

Así pois, dentro dos exercicios que promulgamos como básicos para obter os beneficios atopamos o exercicio de mellora cardiovascular (aerobio). Os exercicios de fortalecemento orientados á forza resistencia e o traballo de CORE.

Deste xeito, unha incorrecta prescrición dos efectos adversos de certas prácticas tamén poderían ter efectos negativos sobre a saúde da muller, como por exemplo pode ser: a realización de sesións longas (superiores a 45 minutos), actividades con forte impacto, traballar en réximes de pulsacións altas, traballo anaerobio ou exercicios nos que se realice a manobra Valsalva.

En resumo, toda programación do adestramento debe seguir uns patróns predeterminados para conseguir optimizar o estado de saúde da persoa, polo cal temos que adaptarnos ó máximo posible a cada situación particular e, en concreto, o período de xestación require un estudo minucioso da situación para actuar con corrección, seguindo os principios que definen a forma de actuación de Saudeter.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 1448






redactores banner

    Archivos

admin