Os parques biosaudables, unha ferramenta útil para a nosa saúde.


  • 916

O envellecemento é unha etapa máis dentro da nosa vida, dito proceso posúe cada vez máis importancia polo aumento da esperanza de vida. A actividade física nesta etapa ha de manterse nuns certos parámetros, para este fin ideáronse os parques biosaudables e así poder evitar un deterioramento prematuro dos indicadores da condición física, certas capacidades como a axilidade, velocidade, coordinación e equilibrio reséntense se non se traballan ou no se traballan do xeito axeitado.

O traballo muscular e exercicios de habilidades motrices, enlentece a deterioración física do corpo, tamén se produce un afianzamento na confianza propia e un aumento da interacción social entre individuos, que comparten experiencias mentres traballan nos aparellos presentes nos parques biosaudables.

Na actualidade cada vez máis parques infantís e áreas recreativas dispoñen dunha área destinada ó exercicio de maiores, trátase dos parques biosaudables. Estas zonas provistas de equipos de ximnasia, con formas diversas e cores, axudan a este colectivo a manterse activos e en forma. Estes aparellos teñen a súa orixe en China, dentro da concepción de coidarse e practicar exercicio físico ó longo de todo o proceso vital.

O número de zonas públicas con circuítos biosaudables aumentou considerablemente nos últimos anos, dende a primeira iniciativa (alá polo  2007). Os aparellos que compoñen os circuítos biosaludables foron deseñados para cubrir unhas determinadas necesidades vitais.

Co uso correcto e adecuado dos circuítos biosaludables conséguese:

  • Aumentar e manter a mobilidade articular
  • Aumentar a forza muscular
  • Progresar na coordinación
  • Mellorar a función respiratoria, cardiovascular e dixestiva, así como as funcións cognitiva, sensorial e motriz do cerebro.

A modo de conclusión cabe sinalar que o exercicio físico realizado nestas zonas responde á mellora das capacidades que co tempo minguan nas persoas maiores e o deseño dos distintos elementos que conforman estes circuítos achegan uns determinados beneficios para a saúde.

Nestas zonas, asemade, non existen persoas encargadas de amosar o funcionamento destes aparellos e, polo tanto, convértense en potenciais elementos lesivos se non actuamos con corrección, por iso dende Saudeter realizamos campañas que favorezan a familiarización co uso dos “ximnasios biosaudables”, de xeito que os usuarios gocen dos seus beneficios para a saúde.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 916






redactores banner

    Archivos

admin