Hixiene postural e saúde nos nosos rapaces.


24 noviembre 0 - Niños, Salud -
  • 1449

Tódolos cursos escolares nos atopamos con diversas discusións sobre a hixiene postural e a saúde dos nosos rapaces. O peso que os nosos rapaces soportan sobre as súas costas ou os problemas cervicais debido a malas posturas nos pupitres dos colexios, son temas en auxe.

Dende diversos ámbitos vanse sumando diferentes solucións, de forma sinxela, os consellos relativos á hixiene postural, resúmense nos seguinte puntos:

  • Realizar deporte a diario, fuxindo do sedentarismo. Destaca a importancia das actividades extraescolares que promoven a actividade física regular.
  • Reducir o peso que o alumno transporta na mochila e pensar nas mochilas de rodas como unha alternativa.
  • Sentarse de xeito correcto no pupitre, evitando problemas prematuros na columna vertebral.
  • Mobiliario ergonómico, tanto na clase como na casa (por exemplo o uso de atril para a lectura e cadeiras axustables).
  • Usar o computador tendo en conta normas semellantes ás da lectura.

As nais e pais teñen que ter en conta certos detalles á hora de escoller cal será a mochila axeitada. Debemos guiarnos máis polo seu carácter funcional como amosa a experiencia, rexeitando só criterios estéticos. É fundamental que as correas sexan axustables e acolchadas, a poder ser cun cinto de axuste na cintura (ó modo das de montañismo, para repartir mellor o peso) e que a parte de apoio nas costas sexa branda. Así pois a distribución do peso debe realizarse sempre co maior peso preto das costas, ben repartido (aproveitndo os compartimentos da mochila) e empregando as mans se fose necesario.

Dentro de todo este debate, o ideal é acollernos as bases preventivas de toda consecuencia grave para a nosa saúde. En Saudeter consideramos relevante a actividade física durante toda a vida, feito que promocionamos con actividades extraescolares en centros educativos e sociais. Deste xeito axudamos na prevención temperá de problemas relacionados co sedentarismo.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 1449






redactores banner

    Archivos

admin