O exercicio físico na época do Nadal.


15 diciembre 0 - Salud -
  • 916

Atopámonos nunhas datas nas que a poboación en xeral soe descoidar un pouco a súa alimentación e chega a permitirse certos “caprichos” que no resto do ano están ben lonxe das necesidades diarias, estas accións (xunto coa diminución de actividade física) dan lugar a unha serie de consecuencias (aumento de peso, a máis perceptible). De todo isto podemos comezar a deducir que con exercicio físico regular nestas datas, contribuímos en gran medida a paliar estas consecuencias.

Moitos estudos falan acerca da sobrealimentación, nun período curto de tempo, e a diminución drástica da actividade física tiveron un gran na saúde metabólica dos participantes, mentres o exercicio físico prevén estes cambios negativos, a pesares de que a enerxía se siga almacenando. A relaxación destas festas case sempre pasa por deixar de lado a realización de actividades deportivas, algo que sumado á inxesta masiva de calorías pode poñer en perigo o traballo realizado ó longo do ano.

Non soamente é necesario que coidemos a alimentación, senón que é importante manterse activos na medida do posible, aproveitando cada momento para “queimar calorías” extra que estamos a inxerir. Así pois, podemos destinar tempo a realizar outro tipo de actividades como camiñar, actividade que non precisa ningún tipo de material específico, soamente a nosa vontade de facelo, en Saudeter facemos múltiples recomendacións acerca de andainas e beneficios dos parques biosaudables (moitos situados nos arredores dos paseos).

Realizar as tarefas do fogar é outra boa maneira de manternos activos, pois as condicións do exterior poderían ser adversas e iso restaríanos folgos para saír. Por iso recomendamos a realización de hobbies ou deste tipo de tarefas, así como táboas de exercicios con autocargas para traballar todo o corpo (para os máis atrevidos). O obxectivo é manternos activos e seguir queimando calorías para acumular as mínimas posibles.

A intención destes parágrafos e simplemente crear conciencia de que o Nadal non é un período para descoidarnos, senón todo o contrario, temos máis tempo para adicalo a estar en forma e demais hobbies, existen tamén numerosas propostas atractivas nas que poder ser partícipes poñendo en movemento o noso corpo, dende Saudeter convidámosvos a participar nelas.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 916






redactores banner

    Archivos

admin