Deporte e saúde: a fatiga e o sobreadestramento.


17 noviembre 0 - Entrenamiento, Salud -
  • 1449

Sería o seguinte paso ó que entendemos como cansazo común, en relación coa nosa saúde física e psicolóxica. A diferenza entre ambos semella ser o tempo: a curto prazo (fatiga) ou a longo prazo (sobreadestramento). Tendo en conta cada un dos puntos que a continuación se desenvolverán, podería ser factible non chegar a límites non desexados.

Existen diversos motivos ós que podemos atribuír este estado xeralizado:

  • Superar o umbral admisible de exercicio físico ou mental (tanto volume como intensidade).
  • Descansos pouco eficientes.
  • Aportación escasa ou incorrecta de nutrientes, sen adaptala ás necesidades segundo idade, sexo ou actividade física diaria.
  • Escasa hidratación.
  • Diversas alteracións psicolóxicas como estrés ou ansiedade.

A nivel psicolóxico falamos de fatiga cando padezamos:

  • Diminución das reservas de enerxía (glucóxeno muscular).
  • Acumulación de sustancias de refugallo (ácido láctico).
  • Variacións a nivel hormonal.

No relativo á fatiga, a nivel psicolóxico podemos distinguir diferentes tipos: mental (déficit de alerta), sensitiva (diminución da percepción sensorial) e emocional (alteracións no carácter).

En resumo, respecto á fatiga, podemos deducir que entramos nun estado de transición no que a nosa saúde se resinte de xeito perceptible (cansazo, pesadez, alteracións cardiorrespiratorias, falta de coordinación). Se non actuamos de inmediato para paliala podemos chegar o seguinte paso, que sería o sobreadestramento.

Neste sentido agravaríanse os síntomas do que xa entendemos como fatiga, de xeito que a nosa saúde se resentiría tanto no ámbito puramente físico (perda de peso, rendemento) e psíquico (alteracións no sono, apatía, dificultade para lembrar).

Deste xeito, é realmente importante ter en conta os principios do adestramento á hora de prescribir exercicio físico. En Saudeter contamos cuns principios metodolóxicos de traballo que avalan as nosas accións o respecto. Se temos en conta certos factores como a progresión, a continuidade e o descanso necesario, nunca chegariamos a este punto de difícil retorno no que se convertiría o noso estado de saúde.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 1449






redactores banner

    Archivos

admin