Actividade física para a saúde en idades avanzadas.


  • 935

As persoas maiores de 60-65 anos constitúen unha porcentaxe elevada na sociedade actual, mais a práctica individualizada de actividade física para a saúde non ten idade e sempre reporta beneficios a nivel psicolóxico. Deste xeito, a maior parte desta perda funcional pódese corrixir con actividade física, que mellora a saúde, a calidade de vida e a autonomía.

A actividade física conta con numerosos efectos positivos na saúde da xente de franxas de idade avanzadas:

  • Mellora a saúde ósea, cardiocirculatoria, muscular e inmunolóxica.
  • Mellora as capacidades mentais: memoria e diminúe o estrés e a ansiedade.
  • Regula a tensión e aumenta a masa magra.
  • De xeito integrado coa dieta, diminúe o risco de diabetes mellitus tipo II.
  • En persoas con baixa resistencia aerobia mellora a súa autonomía, aumentando o VO2 Máx.
  • Mellora os niveis de graxa e colesterol sanguíneos, reducíndoos.

O exercicio axeitado para este grupo de idade sería o aerobio (a intensidades non moi elevadas, sobre un 50- 60%) complementando sempre con traballo de mobilidade articular e flexibilidade. Para que estes exercicios teñan unha transferencia positiva no día a día dos nosos maiores, os estudos amosan que a duración por sesión debería chegar ós 40 minutos, cunha frecuencia dunhas 3 sesións semanais.

Fronte ás recomendacións e beneficios, sempre teremos en conta que nada disto será positivo se non nos tomamos en serio certas precaucións a seguir, consultando sempre con persoal autorizado e axeitado:

  • Realizar sempre exercicios de quecemento e volta á calma.
  • Traballo en grupo e adaptado ás franxas de idade.
  • Hai que relaxar a musculatura.
  • Non hai que chegar á fatiga en ningún caso.
  • Evitar facer deporte a última hora da tarde porque podería dificultar o soño.
  • Non realizar exercicio en condicións extremas de frío ou calor, tanto en ambientes pechados como ao aire libre.

En concusión, este artigo, en conxunto, encarna o espírito do Estilo Saudeter, no que pretendemos traballar de xeito integral a saúde deste amplo sector da poboación, traballando dende o eido da actividade física, a concienciación sobre hábitos beneficiosos para a saúde e o ámbito da alimentación.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 935






redactores banner

    Archivos

admin