Actividade física saudable despois do Nadal.


12 enero 0 - Salud -
  • 789

O Nadal son unhas datas nas que, polo xeral, gozamos duns días de descansoe ausencia de actividade física e tras elas temos que regresar á vida cotiá. Deste xeito, é importante que nos concienciemos, sobre todo nos adestramentos, pois debemos recuperar pouco a pouco o ritmo ideal de xeito progresivo.

Ó regresar novamente á actividade física é importante ter en conta algúns puntos para non rematar lesionados por malas prácticas. Despois dun tempo sen realizar ningún tipo de actividade física o noso corpo atópase máis baixo de forma do normal, polo que non debemos forzalo. É preciso realizar sesións de adaptación con exercicios dunha intensidade menor á habitual.

É salientable que, ó non realizar ningún tipo de actividade en vacacións, os músculos están sen adestramento e necesitamos volver estimulalos e preparalos para a actividade. Convén comezar realizando sesións de estiramentos e quecemento, para nós en Saudeter, esta fase é a máis importante nesta etapa e no adestramento en xeral, xa que nos prepara para o rendemento na parte principal. Fálase duns 15-20 minutos de exercicios suaves e progresivos, en canto á intensidade.

Como antes falabamos, é de importancia non forzar demasiado o músculo, por iso o número de exercicios debe ser inferior ó habitual. É certo que o músculo lembra e adáptase ás diferentes condicións, pero non o fai de xeito instantáneo, polo que temos que axudarlle a lembrar, por iso adestrar desta maneira é esencial durante os primeiros días de volta á rutina.

Deste xeito, serían ideais os adestramentos en pequenos circuítos nos que traballemos todo o corpo, para así comezar canto antes a movernos e acelerar o proceso adaptativo.

A modo de conclusión, dende Saudeter, incidimos en que debemos esquecer que os estiramentos antes e despois, así como unha correcta alimentación para nutrir as nosas fibras é o esencial para conseguir un óptimo desenvolvemento muscular evitando carencias e retrocesos innecesarios.




Miguel Freire

Miguel Freire

Diplomado en Maxisterio por Educación Física pola USC e Graduado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola UDC. Técnico Superior en Dietética.
  • 789






redactores banner

    Archivos

admin